Lenda das estrelas

Posted by ines Etiquetas:

A tumba foi esquecida ata que arredor do ano 813, o ermitaño Pelaio viu un resplandor no campo, no lugar en que se encontraba a tumba do Apóstolo. Iluminouse co brillo dunha estrela, feito co que se derivou o nome de Campus Stellae (Compostela). Pelaio avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que mandou limpar o campo e descubriu o sarcófago. Na lápida había unha inscrición que indicaba quen se atopaba alí soterrado. O bispo confirmou que se trataba do Apóstolo e os seus dous discípulos Atanasio e Teodoro. Informaron do feito ao rei Alfonso II, que acudiu ao lugar e proclamou ao Apóstolo patrono do Reino, e construíuse alí un santuario, que se foi ampliando e actualmente é a Catedral de Santiago de Compostela.


(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

0 comentarios:

Publicar un comentario