Unha vez unha extraña nave acercouse a un areal na costa galega, non levaba remeiros nin mariñeiro ao temón, navegaba sen guía, levaba catro homes de branco que rodeaban un corpo sen vida. A barca remontou as augas ata o lugar onde quedou varada, saltaron a terra os catro homes e amarraron a barca a unha pedra, sacaron o corpo sen vida e pousárono na pedra. Esta reblandeceuse para acoller o corpo, por eso se chama Pedrón en recordo do milagre que converteu a pedra en leito mortuorio. Non gustándolles o sitio para enterralo, preguntáronse se habería algunha casa cerca, para encontrar un carro para transportar o corpo. Un deles botouse a andar e ao lonxe veu luz nunha casa. Acercouse, petou na porta e preguntou quen era o amo. Contestáronlle que era da raíña Lupa.Ela déullelos pero os bois eran bravos e estaban no monte, foron os catro homes e sucedeu que os touros deixáronse prender mansamente.
(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))






