A lenda das cunchas de Santiago

Posted by ines Etiquetas:

Despois da morte de Santiago, en terras de Palestina, os seus seguidores recolleron o seu corpo e trouxérono a Galicia nunha barca impulsada polo vento.

Sucedeu que cando estaba chegando a barca onde viña o corpo de Santiago, divisaron unha gran festa, que era polo casamento do fillo dun home rico das terras de Gaia, na ribeira do Douro, coa filla doutro home rico, da Maia.

A alegría era moi grande: uns recitaban romances outros recitaban cántigas, outros tocaban a gaita e outros instrumentos típicos. Algúns señores a cabalo xogaban con lanzas, o xogo consistía en arroxar a lanza ao aire e galopar para recollela ao caer sen que tocase no chan. Entre estes cabaleiros estaba o noivo, e aconteceu que o cabalo nun rápido salto meteuse no mar e somerxeuse, só se vía unha estela de escuma que ía cara a nave onde viña o corpo do Apóstolo. Ao fin saíu o cabalo á superficie do mar, mesmo ao lado da nave. O cabaleiro mirouse e viu que todo el, cabalo e sela ían cubertos de vieiras e que fora baixo das auga sen dano algún, estando agora sobre o mar como se estivese en terra.

Marabillado por tal cousa, veu ao seu lado a barca, contándolles aos navegantes, as cousas que lle sucederan, e mostrándolles as vieiras de que ía recuberta, preguntoulles que lles parecía aquelo.

Contestáronlle que Deus e Xesucristo quixeran mostrar polo vasallo deles, que alí levaban, o seu poder a ti e a todos os que despois virán para amar e servir ao vasallo onde el sexa enterrado, e que deben traer cunchas como esas coas que ti fuches conchado, como sinal e selo de privilexio.

Despois soprou o vento nas velas e partiu a nave rumbo ás praias, onde máis adiante depositarían o corpo de Santiago.

O cabaleiro foi sobre o mar cara a beira, onde unha enorme cantidade de xentte o agardaba para recibilo con gran contento.

Dende entón, os peregrinos que viñesen a Compostela na procura do Apóstolo levarían por sinal as cunchas de vieira no sombreiro e na esclavina do saial.

(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

0 comentarios:

Publicar un comentario