Títeres Don Gaiferos

Posted by ines Etiquetas:

Os máis pequenos van de excursión a Compostela para ver a obra de títeres de Don Gaiferos. Vede como disfrutaron! E o que aprenderon!


Posted by ines

Entroido no CEIP de Sigüeiro "Imos de Camiño"

Posted by ines Etiquetas:

O entroido deste curso tivo como tema "O Camiño de Santiago" pois este é o tema do Proxecto deste ano. Vede que orixinal resultou, e que ben o pasamos!

Camiño Inglés

Posted by olaola Etiquetas: ,

Oalumnado de 3º ciclo de EP fai o tramo do Camiño Inglés que pasa polo Concello, uns 6 km de percorrido, acompañados polo historiador da zona Manuel Pazos.


Murais Finais

Posted by ines Etiquetas:

Xa estamos disfrutando dos traballos realizados dentro do Proxecto e aprendendo do que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras co que completamos o que fixemos nós. Nas paredes están colgados os murais realizados polos distintos grupos xa completos.

En EI elaboraron un mural co mapa de España, no que foron percorrendo as distintas etapas do Camiño Francés en autobús á vez que ían deixando constancia do que atopaban. Logo engadiron outras partes como obxectos de recordo, sinais...

No primeiro ciclo traballaron o Camiño Inglés que pasa polo noso Concello e a ""Lenda das Cunchas".

Os de segundo ciclo e 5º nivel, no pasillo da biblioteca, colgaron o mural do Camiño Francés no que recollen unha breve historia do mesmo, algunhas lendas, biografías de personaxes salientables... así como as construcións máis importantes.

Por último, tamén nos pasillos da biblioteca, o alumnado de 6º fixo un mural co recorrido minucioso polos distintos lugares do Camiño.


Rap de Don Gaiferos

Posted by olaola Etiquetas:

Por qué non traer a música do romance de Don Gaiferos aos sons actuais? Iso foi o que quixeron facer os alumnos de cuarto e invitan a todos a rapear.

Video do Nacemento do Camiño de Santiago

Posted by olaola Etiquetas:

Os alumnos de quinto contaron o Nacemento do Camiño de Santiago aos seus compañeiros no salón de actos do colexio.

Romance de Don Gaiferos

Posted by olaola Etiquetas:


Os alumnos de cuarto quixeron contar a través dos seus debuxos a historia de Guillermo X, duque de Aquitania que deixou todas as súas riquezas e veu de peregrino a Santiago.



De Roncesvalles a Compostela.

Posted by olaola Etiquetas:

Este traballo está feito polo alumnado de cuarto de Primaria. E un percorrido polo Camiño desde Roncesvalles a Santiago de Compostela a traves dos seus monumentos, a súa historia, xeografía, música e lendas.