Entroido "Imos de camiño"

Posted by ines Etiquetas:


O tema do entroido deste ano foi "O Camiño" que algúns vimos traballando desde principios de curso e resultou así de divertido.


Proxecto "Camiño de Santiago"

Posted by olaola Etiquetas:


O Camiño empeza na Idade Media, no século IX, cando Teodomiro, bispo de Iria Flavia, se achega a Santiago alertado polo anacoreta Paio, e, supostamente descobre a tumba do apóstolo Santiago. A partir de aquí desenvólvese a súa historia que terá momentos máis ou menos álxidos ata a actualidade.





Relación de fondos que están na exposición a disposición de todos e todas para traballar o Proxecto. Se é necesario iranse incorporando outros segundo se demanden.Para levalos, usade a folla de préstamos que segue.

Romance de Don Gaiferos por Faustino Santalices

Posted by ines Etiquetas:

I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,

camiño de Compostela, non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,

malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.

Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,

ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?

Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.

-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,

relucinte en sete soles, brilante como un altar.

-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,

eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.

-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,

se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral,

Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,

si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,

porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,

Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.

O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar

E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai.