RSS Feed

A Lenda da raíña Lupa

Posted by ines Etiquetas:

Unha vez unha extraña nave acercouse a un areal na costa galega, non levaba remeiros nin mariñeiro ao temón, navegaba sen guía, levaba catro homes de branco que rodeaban un corpo sen vida. A barca remontou as augas ata o lugar onde quedou varada, saltaron a terra os catro homes e amarraron a barca a unha pedra, sacaron o corpo sen vida e pousárono na pedra. Esta reblandeceuse para acoller o corpo, por eso se chama Pedrón en recordo do milagre que converteu a pedra en leito mortuorio. Non gustándolles o sitio para enterralo, preguntáronse se habería algunha casa cerca, para encontrar un carro para transportar o corpo. Un deles botouse a andar e ao lonxe veu luz nunha casa. Acercouse, petou na porta e preguntou quen era o amo. Contestáronlle que era da raíña Lupa.
Pediu axuda para trasladar o corpo Santo que eles traían e a raíña contestoulles que era preciso ver a Régulo, o gran xefe, que é o sacerdote de Ara Solis, que vive en Dullo, é el quen vos pode axudar.
Buscárono e Régulo fixo prender aos catro navegantes e, o corpo Santo que traían non o viron. De noite cando estaban en prisión, apareceu unha banda de luces que lles permitiu saír en liberdade por un milagre dos anxos.
Os catro camiñaron en busca do corpo, que estaba xunto o pedrón, pero perseguíanos os soldados de Régulo.
Ao pasar por unha ponte os soldados, fundiuse e morreron baixo os cascallos do río Támara ou Tambre.
Estendeuse a noticia e ninguén máis se atreveu ir contra eles. Volveron ao Castelo da raíña Lupa e pediron axuda novamente. Pedíronlle un carro e unha parella de bois para transportar o corpo.
Ela déullelos pero os bois eran bravos e estaban no monte, foron os catro homes e sucedeu que os touros deixáronse prender mansamente.
Foron polo corpo, puxeron a lousa onde descansaba o corpo no carro e guiados por unha estrela, andaron ata un lugar chamado Libredón. E alí enterraron o corpo de San Iago, onde sería descuberto e venerado séculos despois.
Dise que a cruel raíña Lupa, vistos tantos milagres, derribou o templo de Ara Solis e fíxose cristiá.

(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

A lenda das cunchas de Santiago

Posted by ines Etiquetas:

Despois da morte de Santiago, en terras de Palestina, os seus seguidores recolleron o seu corpo e trouxérono a Galicia nunha barca impulsada polo vento.

Sucedeu que cando estaba chegando a barca onde viña o corpo de Santiago, divisaron unha gran festa, que era polo casamento do fillo dun home rico das terras de Gaia, na ribeira do Douro, coa filla doutro home rico, da Maia.

A alegría era moi grande: uns recitaban romances outros recitaban cántigas, outros tocaban a gaita e outros instrumentos típicos. Algúns señores a cabalo xogaban con lanzas, o xogo consistía en arroxar a lanza ao aire e galopar para recollela ao caer sen que tocase no chan. Entre estes cabaleiros estaba o noivo, e aconteceu que o cabalo nun rápido salto meteuse no mar e somerxeuse, só se vía unha estela de escuma que ía cara a nave onde viña o corpo do Apóstolo. Ao fin saíu o cabalo á superficie do mar, mesmo ao lado da nave. O cabaleiro mirouse e viu que todo el, cabalo e sela ían cubertos de vieiras e que fora baixo das auga sen dano algún, estando agora sobre o mar como se estivese en terra.

Marabillado por tal cousa, veu ao seu lado a barca, contándolles aos navegantes, as cousas que lle sucederan, e mostrándolles as vieiras de que ía recuberta, preguntoulles que lles parecía aquelo.

Contestáronlle que Deus e Xesucristo quixeran mostrar polo vasallo deles, que alí levaban, o seu poder a ti e a todos os que despois virán para amar e servir ao vasallo onde el sexa enterrado, e que deben traer cunchas como esas coas que ti fuches conchado, como sinal e selo de privilexio.

Despois soprou o vento nas velas e partiu a nave rumbo ás praias, onde máis adiante depositarían o corpo de Santiago.

O cabaleiro foi sobre o mar cara a beira, onde unha enorme cantidade de xentte o agardaba para recibilo con gran contento.

Dende entón, os peregrinos que viñesen a Compostela na procura do Apóstolo levarían por sinal as cunchas de vieira no sombreiro e na esclavina do saial.

(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

Lenda das estrelas

Posted by ines Etiquetas:

A tumba foi esquecida ata que arredor do ano 813, o ermitaño Pelaio viu un resplandor no campo, no lugar en que se encontraba a tumba do Apóstolo. Iluminouse co brillo dunha estrela, feito co que se derivou o nome de Campus Stellae (Compostela). Pelaio avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que mandou limpar o campo e descubriu o sarcófago. Na lápida había unha inscrición que indicaba quen se atopaba alí soterrado. O bispo confirmou que se trataba do Apóstolo e os seus dous discípulos Atanasio e Teodoro. Informaron do feito ao rei Alfonso II, que acudiu ao lugar e proclamou ao Apóstolo patrono do Reino, e construíuse alí un santuario, que se foi ampliando e actualmente é a Catedral de Santiago de Compostela.


(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

A lenda de Triacastela

Posted by ines Etiquetas:

Conta a lenda que cando os peregrinos chegaban a Triacastela ían á canteira e collían unha pedra, que amañaban nos fornos da Castañeda e levaban a Santiago para colaborar ca construción da catedral.


(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

A lenda do Santo Grial

Posted by ines Etiquetas:

Era unha dura mañá de inverno, os tronos e os raios iluminaban o ceo, e, de súpeto, Juan Santín un cristiá labrego das montañas de Lugo, aparece, coma todos os días, na igrexa de Santa María do Cebreiro.

Un monxe beneditino que estaba no altar pensa como pode vir un home das montañas un día como hoxe a ver un cacho de pan e una copa de viño, e no mesmo instante en que acabou a frase o pan e o viño converteuse en corpo e sangue do noso señor Xesus-cristo.

(Traballo feito por Martín Vispalia Otero (5º Primaria))

Unha historia do camiño por 5º de primaria

Posted by ines Etiquetas:

Saída de "O Cebreiro" a "O Monte do Gozo"

Posted by ines Etiquetas:

O alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria, despois de traballar ó longo do curso o camiño de Santiago, fixo o tramo galego dende O Cebreiro ata O Monte do Gozo, ás veces a pé e ás veces en bus.